T·I·A·S: This Is Also Science, é un proxecto de divulgación científica nacido co obxectivo de achegar á sociedade, dunha maneira amena e comprensible, os resultados de investigación que se recollen en diferentes traballos científicos.
Para isto creamos a Revista T·I·A·S, que poderás desfrutar en formato dixital, e da que editaremos anualmente un número especial que irá acompañado de ilustracións orixinais realizadas por diferentes artistas, dispoñible tamén en papel, en audio-revista e en escritura braille.
O proxecto está co-financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
«Hai quen pensa que as mulleres temos que quedar na casa esperando noticias e preparando o café. »
«Reparar era alongar a vida. Prestar era multiplicar as vidas. E ambas, evitar que nacese outra cousa innecesaria»
«Quizais non se trate de volver ao pasado, senón de recuperar aquilo que funcionaba, mantendo os bos avances»
«Así é como funcionan as ditaduras: non hai negociación nin explicación, soamente imposición»

Dedícaste á investigación? Queres que o teu traballo científico serva para crear un dos nosos artigos? Envíanos a túa proposta!